luns, 30 de setembro de 2013

OS ROTAS DE AXÓUXERE NA SÚA PRIMEIRA ASEMBLEA ROTA

A nosa comunidade Tótem de rotas pasou o fin de semana nos Ancares, en compañía do resto de comunidades rotas de Scouts de Galicia - Escutismo Católico Galego celebrando unha Asemblea Rota.

Foi unha finde moi longa, con grandes debates, cuestións, reflexións,... sobre o que son os rotas, os seus proxectos, o seu futuro, as súas ilusións,... Todo ilo sumado a un percorrido de 7 km polo río Navia con "kayaks", onde a unión e a compenetración foron os factores predominantes durante todo o percorrido. Tamén tiveron tempo para realizar unha acción de servizo grazas a asociación Adega no Proxecto Ríos, onde limparon unha parte do río Miño ao carón da cidade de Lugo. Logo comezaron a traballar a estrutura da Asemblea Rota, que xa comeza a coller forma. E para finalizar, avaliaron o encontro, o cal foi moi positivo para a nosa comunidade Tótem así como para o resto, onde aprenderon, atoparon, gozaron, ilusionaronse e viviron experiencias que de seguro non os deixaron indiferentes.

A despedida do resto das comunidades, foi simplemente un "ata logo", porque haberá un novo encontro, un novo debate e unha nova acción en 4 meses, os/as nosos/as rotas xa están nerviosos pola seguinte Asemblea Rota que terá lugar a finais de Xaneiro do 2014.



sábado, 21 de setembro de 2013

CALENDARIO 1º TRIMESTRE


    5 de Outubro: Gran Brincadeira

   6 de Outubro: Participación na eucaristía das 11.30 e a continuación creación dunha gran cadea solidaria

   12 de Outubro: Actividade conxunta. Reunión cas familias
   
    19 de Outubro: Actividade de ponla

   26 de Outubro: Actividade conxunta con saída

   2 de Novembro: Non hai actividade

   9 de Novembro: Magosto coa parroquia

   16 de Novembro: Actividade de ponla

   23 de Novembro: Actividade de ponla

   30 de Novembro: Actividade conxunta con saída

   7 de Nadal: Non hai actividade. Congreso Polaris

   14 de Nadal: Actividade de ponla

   15 de Nadal: Bendición do Neno Xesús na catedral ás 11:45h

   17 de Nadal:  Luz da Paz na Igrexa de Sta. María Nai ás 19:30h

   21 de Nadal: Actividade de ponla

   22 de Nadal: Repartición da Luz da Paz na parroquia ás 11:30h

   26 a 29 de Nadal: Campamento Nadal / 29 Comida cas familias

xoves, 29 de agosto de 2013

COMEZAMOS

Reactivamos o noso blog :)

A partir de agora, as nosas novas serán contadas neste espazo.

E para comezar... Contarvos que o kraal xa tivo a súa primeira reunión da xeira, e xa está traballando nas novas experiencias e contidos deste ano.



Nuns días volveredes a ter novas nosas, e entre elas o comezo da nosa xeira ca GRAN BRINCADEIRA!!!